Currículum

Biografía

Son Cristian Heras, un profesional cunha ampla formación e experiencia nas áreas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A miña traxectoria profesional e académica permíteime desenvolver un profundo coñecemento en programación, ciberseguridade, xestión de proxectos e desenvolvemento web, así como en formación e docencia no ámbito das TIC.

A miña paixón pola educación combinada coa miña experiencia no mundo empresarial e tecnolóxico permíteume ofrecer formación práctica e especializada en diversas áreas, adaptada ás necesidades de estudantes e profesionais.

Experiencia profesional

A miña experiencia profesional abrangue varias áreas dentro das TIC, desde a xestión de proxectos en empresas tecnolóxicas ata a docencia e formación en diversas áreas da informática.

2023 – Actualidade

Docente en formación profesional para o emprego | Autónomo

Formación especializada en TIC, programando cursos e actividades que melloran as habilidades tecnolóxicas de profesionais e estudantes.

2019 – 2023

TIC en empresa de instalación de placas fotovoltaicas | Grupo Hedomin, INELSA

Xestión de proxectos tecnolóxicos para optimizar procesos empresariais e desenvolvemento de aplicacións e sitios web relacionados coa enerxía fotovoltaica.

2013 – 2018

Consultor SAP | NTT DATA Barcelona

Implementación de solucións ERP para mellorar a eficiencia das empresas, xestionando proxectos SAP e optimizando procesos de negocio.

Formación académica

Ao longo dos anos, complementéi a miña formación técnica coas habilidades pedagóxicas necesarias para converterme nun formador de calidade en TIC.

Máster universitario en Formación do Profesorado

Estudos orientados a mellorar as miñas capacidades como docente, ofrecendo formación eficaz e adaptada ás novas metodoloxías e ferramentas tecnolóxicas no ensino.

Enxeñería en Telecomunicacións

Coñecementos avanzados en sistemas de comunicación, redes e novas tecnoloxías. O meu proxecto fin de carreira, centrado na Metodoloxía do teletraballo para Hewlett Packard, permitiume analizar como as ferramentas tecnolóxicas melloran a produtividade e a xestión de equipos remotos.

Formación profesional en Telemática e Electricidade

Base técnica foi fundamental para comprender os sistemas de redes e comunicacións que utilizaría ao longo da miña carreira profesional.

Aprende cos mellores recursos

¿Estás listo para mellorar as túas competencias?
Consulta os cursos de formación dispoñibles.